Se queres poñer en marcha a túa web, actualizala ou facer un e-commerce, non deixes pasar a oportunidade.
Volve estar activa a subvención para as empresas do sector do comecio e artesanía para a innovación, dixitalización e a implantación de novas fórmulas de comercialización e expansión.
Beneficiarios
Se estás inscrito no Rexistro de Artesáns ou es comerciante minorista (Podes consultar o noso post anterior para ver se o teu epígrafe coincide cos subvencionables: comercio 2019.)
DIXITALIZACIÓN COMERCIAL:
a) A implantación e actualización de páxinas web comerciais
b) Introdución de ferramentas de marketing 4.0
c) Pulo á mellora da imaxe dixital
d) Servizos profesionais de xestión de redes socias
e) Implantación de ferramentas de xestión
Podes recibir ata o 80% dos gastos.
TENDAS EFÉMERAS ou EVENTOS POP UP:
a) O aluguer do local, espazo ou contenedor da tenda efémera (máximo dúas mensualidades).
b) O acondicionamiento da superficie de exposición e venda.
c) A adquisición ou aluguer de mobiliario ou equipamiento especializado para a exposición do produto que sexa necesario para e desenvolvemento da actividade comercial e de uso exclusivo na superficie de exposición e venda.
d) O transporte de mercancía.
e) Publicidade e promoción da tenda efémera pop up.
Unha vez recibida a concesión da axuda poderase solicitar un ANTICIPO 50% suxeito á presentación dunha GARANTÍA DO 110% DO ANTICIPO SOLICITADO
Prazo de solicitude: Ata o 29/05/2020.
Deja una respuesta