Co obxectivo de impulsar a dixitalización e a modernización de empresas comerciais e artesanais, a Xunta de Galicia pon á disposición do comercio galego unha contía importante para a súa modernización tecnolóxica. As axudas este ano poden ser usadas para crear ou actualizar un sitio web, unha tenda online, mellorar a túa marca, realizar un plan de márketing, desenvolver ou para manter as redes sociais.
Este ano as subvencións para a innovación, a dixitalización e a implantación de novas fórmulas de comercialización e expansión do sector comercial e artesanal, inclúen máis conceptos subvencionables.
Para que se poden usar estas axudas?
- Dixitalización comercial.
- Proxectos de modernización integral do local comercial.
- Proxectos de expansión comercial (apertura dun novo establecemento, especialización ou diversificación de produtos, …).
- Posta en marcha de proxectos de tendas efémeras ou eventos Pop Up (max. 2 meses).
- Proxectos de posta en marcha de concept store (establecementos con ofertas diversificadas).
DIXITALIZACIÓN COMERCIAL
- Creación ou actualización de páxinas web comerciais
- Ferramentas de márketing 4.0
- Mellora da marca ou imaxe dixital
- Servizos profesionais de xestión de redes sociais
CONTÍAS
Importe máximo subvencionable un 80% (un 70% no caso da publicidade en medios) do total investido:
- Implantación de web con venda online: 4.000 € (IVE incluído)
- Realización de web corporativa: 1.000 € (IVE incluído)
- Para a actualización de páxina web: 800 € (IVE incluído)
- Publicidade en medios dixitais: 2.000 € (IVE incluído)
Mellora da imaxe dixital
Inclúe mellora da presentación de produtos en medios audiovisuais, estratexias de mellora na presentación de produtos a través medios audiovisuais (como, por exemplo, vídeos).
A porcentaxe máxima que se poderá subvencionar será do 70% do importe total investido, sen superar 6000 € (IVE non incluído).
Condicións
A convocatoria inclúe algúns requisitos técnicos (protocolo https, optimización para SEO e desenvolvemento responsive, para a web por exemplo) e prazos de realización: ata o 30 de outubro de 2019.
Para quen?
Persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que cumpran os seguintes requisitos:
- Que desenvolvan a súa actividade en Galicia
- Que estean dados de alta nalgún dos serguintes epígrafes do IAE: 641, 642, 643, 644, 645, 647, 651, 652, 653, 656, 657, 659 ou 665. Tamén os epígrafes 41, 421, 43, 44 e 45.
- No caso de obradoiros artesáns, que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
Prazo da solicitude:
ata o 27 de maio de 2019
Deja una respuesta