# Que é un podcast?
Un podcast é un contido de audio ao que podemos acceder baixo demanda, para escoitalo sempre que queramos, cando e onde o dexesemos, como decidamos e ás veces que queramos. A facilidade e a liberdade no consumo destes contidos están detrás da súa crecente difusión.
# Cada persoa ten o seu podcast
Un medio que nos EE. UU. xa comeza a estar moi profesionalizado, con grandes éxitos como o podcast Serial, que conta a súa audiencia por millóns, ou con medios de comunicación tradicional coma o New York Times que ten un podcast, The Daily, amplamente seguido e que está a renovar o mundo dos xornais no seu país.
No mundo latinoamericano, de fala hispana, e en especial en España, a crecente importancia deste medio vese claramente na entrada de medios de comunicación tradicionais, coma a Cadena Ser a través da súa plataforma Podium Podcast, creando contido propio diferente o da radio. Mais se algo caracteriza ao podcasting do noso Estado é a grande calidade e variedade da proposta do podcasting independente, entre as que poderiamos destacar as promovidas polas redes de podcast Avpodcast ou Emilcar.fm, dirixidas respectivamente por Pedro Sánchez e Emilio Cano, un dos referentes do podcating en España. Mais a pluralidade e calidade medra día a día como se puido observar este ano na 9ª Edición dos Premios da Asociación Podcast, unha asociación sen ánimo de lucro española que ten coma obxectivo a difusión do podcasting no mundo hispano.
# Como podemos escoitar un podcast?
Poderedes atopar centos de páxinas web con información para escoitar e subscribirse a un podcast, xa para os móbiles IPhone, IOS, ou para Android.
- Apple Podcast: a que vén instalada co propio sistema.
- Overcast: é o referente. Un gran deseño, ademais dun gran control da reprodución e da elaboración de listaxes.
- Castro: cun sistema que facilita a xestión dos podcasts como se fose unha caixa de correo electrónico.
- Pocket Cast: grande calidade, coa vantaxe que conta con versión multiplataforma: IOS, Android e versión web.
Para os que teñan un móbil con Android, en España a maioría:
- Pocket Cast: Co tan bo funcionamento como en IOS.
- Google Podcast: aparecida o ano pasado, xa se converteu nunha das principais aplicacións do sector.
- Podcast Addict: permite unha grande personalización da aplicación, permitindo mesmo o acceso a emisoras de radio online.
Ah!, mais non todo son aplicacións específicas para móbil. O éxito dos podcasts vese no esforzo que está facer Spotify para incluír no seu repertorio a todos os podcasts que llo soliciten. Así que para aqueles que teñan unha conta neste popular servizo de música, poden acceder directamente aos principais podcasts, tanto en inglés, español e mesmo galego.
E a explosición dos altofalantes intelixentes tamén fai que os podcast se separen dos nos móbiles, e dos nosos auriculares, para poder ser escoitados cunha simple petición de voz. Siri, Ok Google e Alexa xa levan os podcasts os fogares.
Xa desexes tecnoloxía, cultura, series, historia, música, márketing online, entrevistas en profundidade, ou calquera tema do que queiras aprender, os podcasts ofrécencho todo.
Deja una respuesta